Galego
Español
INFORMACIÓN
Quen é o meu médico-psiquiatra e traballador/a social de referencia?Certificado do grao de discapacidade
Axudas
económicas
Internamento
Involuntario
Incapacitación
Plan de coidado
O plan de coidados nace como ferramenta terapéutica para favorecer a protección e a promoción da saúde física e psicolóxica das persoas con trastornos mentais graves. A promoción de hábitos de vida saudable está vinculada a diversos aspectos como unha alimentación equilibrada, unha actividade física continuada, unha óptima autoestima, entre outros, que fan que as propias persoas con enfermidade mental confíen na súa recuperación e poidan controlar factores de risco como a obesidade, o sedentarismo e o consumo de tabaco, alcohol e outras drogas.
Cabe destacar que o plan de coidados está pensado como un material de aplicación específica e individualizada para cada persoa.
Os principais puntos nos que se debe apoiar un plan de coidados xeral son os seguintes:
  • Establecer horarios
  • É necesario establecer un horario regular en canto ás comidas (almorzo, comida e cea), ó tempo de ocio e actividades e tamén ó tempo de sono (levantarse e acostarse á mesma hora).
  • Tomar a medicación
  • Débese ter moi en conta este aspecto xa que a medicación sempre se ten que tomar de maneira correcta e dentro do seu horario. Isto axudará a que nos encontremos moito mellor e a previr futuras recaídas.
  • Non consumir alcohol ou calquer outro tipo de droga (Cannabis, etc.)
  • Medidas dietéticas
  • Alimentación variada e equilibrada.
  • Boa hidratación
  • Beber entre 1.5 e 2 litros de auga ó día.
  • Actividade física
  • Camiñar unha hora diaria; nadar ou realizar calquera tipo de deporte axuda a combater o sedentarismo.
  • Recursos de ocio e tempo libre
  • Por exemplo facer as actividades que propoñen as diversas entidades asociativas.
  • Rede social
  • Establecer unha boa rede social e de apoio é moi importante para sentirse cómodos en canto as relacións interpersonais que temos cos demáis. Grazas os resursos que nos proporcionan as asociacións podemos afianzar esa rede social e facela máis ampla.
Para máis información e asesoramento poden achegarse ós profesionais das Unidades de Saúde Mental do centro de saúde que lle sea asinado.
Entidades
Unidades de Saúde Mental
Información