Galego
Español
INFORMACIÓN
Quen é o meu médico-psiquiatra e traballador/a social de referencia?
Certificado do grao de discapacidade
Trátase dun documento que acredita a discapacidade das persoas. Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes. As pautas de valoración do grao de discapacidade baséanse nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.
Para qué sirve?
Se se alcanza unha porcentaxe igual ou superior ao 33% otorgase o dereito á persoa con discapacidade e aos seus familiares para acceder a determinados beneficios sociais e económicos (servizos de saúde, formación, emprego, ocio, transporte, vivenda, prestacións,etc.).
Onde solicitalo?
Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de Valoración e Orientación (EVO) das xefaturas territorias da Consellería de Traballo e Benestar. Estos equipos son multidisciplinares e están compostos por: médico/a, psicólogo/a e traballador/a social que realizan un diagnóstico, valoración e cualificación da discapacidade.
Para solicitalo dirixirse ós Servicios Sociais de Atención Primaria do Concello de residencia, nas Delegacións Provinciais das Consellerías de Traballo e Benestar ou nas seccións de cualificación e valoración de discapacidade.
Equipo de Valoración e Orientación (EVO) en Santiago.
Praza de Europa, 2º andar, 10 A, 15703, Santiago de Compostela
(antiga sede do Instituto Galego de Consumo, Area Central)
Teléf. 881 999 236
Axudas
económicas
Internamento
Involuntario
IncapacitaciónPlan de coidados
Entidades
Unidades de Saúde Mental
Información