Galego
Español
INFORMACIÓN
Quen é o meu médico-psiquiatra e traballador/a social de referencia?Certificado do grao de discapacidade
Axudas
económicas
Internamento
Involuntario
O ingreso dunha persoa nun hospital a causa da súa saúde mental, pode darse de xeito voluntario, cando a persoa dá o seu permiso, ou involuntario, cando a persoa non ten capacidade legal para outorgar o seu consentimento.
Os ingresos involuntarios poden ser ordinarios ou urxentes. Estes últimos son os máis habituais.
Nos internamentos ordinarios é necesaria unha autorización previa dun xuíz. Pola contra, nos internamentos urxentes, a decisión é tomada por un médico, e despois esa decisión será confirmada por un xuíz.
A Lei di que o internamento urxente deberá ser comunicado o antes posible, sempre en menos de 24 horas, ó xuíz, que xunto ó Ministerio Fiscal visitará ó paciente e verificará a necesidade do ingreso.
En España establécese legalmente que o internamento terá sempre finalidade sanitaria, é dicir, o obxectivo do internamento é sempre a recuperación do paciente.
O ingreso involuntario é unha medida legal que afecta os dereitos fundamentais das persoas amparados pola Constitución.
Para ampliar a información, pode consultar esta páxina:
http://www.alansaludmental.com/sm-y-ley/internamiento-involuntario/
IncapacitaciónPlan de coidados
Entidades
Unidades de Saúde Mental
Información