Galego
Español
INFORMACIÓN
Quen é o meu médico-psiquiatra e traballador/a social de referencia?Certificado do grao de discapacidade
Axudas
económicas
Internamento
Involuntario
Incapacitación
Tódalas persoas temos capacidade xurídica, o que significa que todos podemos exercer os nosos dereitos. Sen embargo, as persoas para as que un xuíz declarou unha incapacidade, non teñen capacidade de obrar, o que implica que precisan da asistencia ou o complemento doutra persoa para exercer os seus dereitos.
A incapacidade só pode ser declarada por un xuíz mediante unha sentencia, despois dun proceso xudicial. A incapacidade poder ter orixe en calquera enfermidade ou deficiencia, pero estas deben permanecer no tempo, é dicir, non ser temporais.
A incapacidade pode ser total ou parcial, en función de si afecta a tódolos actos que pode realizar a persoa ou só a algúns.
Unha persoa con unha incapacitación total volve a unha especie de “minoría de idade”: poderá facer todo o que o seu titor lle permita facer. Sen embargo, hai algúns dereitos que o incapacitado poderá exercer por si mesmo, a non ser que na sentencia de incapacitación se estime o contrario. Estes son: votar, facer testamento, contraer matrimonio e firmar un contrato de traballo.
A incapacidade non ten por qué durar para sempre. Pódese iniciar un novo proceso xudicial que a suprima ou a modifique.
Despois de declarada a incapacidade, nomearase á persoa ou persoas que asistirán ó incapacitado no exercicio dos seus dereitos. As leis establecen diferente figuras de protección da persoa incapacitada:
  • Patria potestade. Se a persoa incapacitada vive cos seus pais pode prorrogárselle ou rehabilitárselle a patria potestade.
  • Tutela. Establécese cando a persoa ten declarada unha incapacitación total. O titor representará legalmente ó incapacitado. A tutela poder ter un alcance diverso. Por exemplo, nalgúns casos pode afectar á capacidade da persoa de gobernar a súa vida, e noutros non. Pode ser titor calquera persoa física con capacidade de obrar e en pleno uso dos seus dereitos civís. Tamén pode ser titor unha persoa xurídica sen fins lucrativos (por exemplo, unha fundación) entre cuxas finalidades figure a protección de incapaces.
  • Curadoría. Establécese cando a persoa ten declarada unha incapacitación parcial. O curador limítase a dar asistencia á persoa en determinados actos especificados na sentencia que a incapacita. Para ser curador esíxense os mesmos requisitos que para ser titor.
  • Defensor xudicial A súa actuación é temporal, para os casos nos que o titor, curador, ou representante legal non existan ou non poidan protexer ó incapacitado.
Plan de coidados
Entidades
Unidades de Saúde Mental
Información